Friday 05 de July de 2024

Proxeccións de cine infantil durante o Nadal


Dentro da programación de actividades para este Nadal, a vindeira semana realizarase un ciclo de proxeccións de películas infantís en diversas localidades.

A primeira das proxeccións será o día 27 en Perillo con Clifford, el gran perro rojo, ás 18:30 horas na Fábrica. O mércores 28, tamén ás 18:30 horas, proxectarase a película Valentina nas Torres de Santa Cruz. O xoves 29 en Mera, ás 18:30 horas, botarase Encanto no auditorio Gabriel García Márquez.

O acceso en todos os casos será gratuíta. Desde unha hora antes do inicio da película poderá recollerse a invitación correspondente, ata completar a capacidade da sala.